O lume iniciouse ás 16:33 horas, segundo Medio Rural.
Os incendios chegan, de novo, á comarca do Condado. A primeira hora da tarde do luns, ás 16:33 horas, prendía un lume na parroquia de Guillade, no municipio de Ponteareas. Arestora, atópanse dous axentes, tres brigadas, dúas motobombas e un helicóptero realizando labores de extinción, segundo os datos de Medio Rural.
Incendio controlado nas Neves
Amáis, un lume quedou controlado no municipio das Neves sobre as 16:38 horas.Segundo fontes municipais, un camión prendeu lume e foi o que fixo que se iniciara o incendio nas inmediacións da autovía A-52, á altura da parroquia de Batalláns pasadas as 15:50 horas. Participan na extinción tres brigadas, dúas motobombas e un helicóptero.