Perigan as vivendas dos veciños e das veciñas por mor do incendio forestal que se iniciou na parroquia de Ponteareas.
A Xunta de Galicia vén de solicitar a situación 2 como medida preventiva no incendio que permanece activo na parroquia de Guillade, no municipio de Ponteareas, por mor da proximidade ao núcleo de vivendas de Raimonde. Arestora traballan 3 axentes, 6 brigadas, 3 motobombas, 1 pa, 4 avións e 7 helicópteros. Aínda non hai unha estimación da superficie afectada.
O lume iniciouse ás 16:33 horas da tarde deste luns e o forte vento dificulta as labores de extinción.