sábado, diciembre 21, 2024
InicioNewsO PaísO Rosal limita o consumo de auga a 300 litros por vivenda

O Rosal limita o consumo de auga a 300 litros por vivenda

Sen chuvias e con altas temperaturas a seca prolóngase e cada vez máis concellos toman medidas para garantir o abastecemento. O Concello do Rosal limitou a 300 litros o consumo de auga por vivenda ao día.

Outros de momento limitan o uso de lavapés ou duchas nas súas praias, eliminan o baldeo de rúas, enchido de piscinas ou lavado de coches.

Outros intentan aguantar sen poñer límites máis ríxidos, pero co medo a que continúe esta situación, A Cañiza, por exemplo, non desbota ter que cortar a subministración de auga polas noites, e é que se non chove, prevese un outono complicado, cos encoros xa en niveis máis baixos do habitual para esta época do ano.

En vixiancia está tamén a situación dos concellos de Vigo e o Val Miñor, ante a situación preocupante dos embalses que abastecen os concellos desta área.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS