Entrevista cun dos dj que forman parte do cartel do festival.
«Actuar no Son da muralla é un soño feito realidade». Así valora Yardel, un dos dj que forma parte do cartel do maior festival de música electrónica e dance ao aire libre de Galicia, que a organización contara con el para a nova edición deste espectáculo.
Tras dous anos en silencio por mor das restricións que as autoridades sanitarias decretaban para frear o avance da COVID-19 entre a poboación, O Son da muralla volve este sábado 6 de agosto a partir das 23:00 horas. Están preparados xa os máis de 60.000 vatios de son e 70.000 de imaxe para facer bailar ao público en Salvaterra de Miño esta fin de semana.
Para os informativos locais e comarcais de Si Radio entrevistamos a un dos dj, Yardel, que actuará no festival: