A Xunta vén de desactivar a situación 2.
O incendio que se iniciou en Arbo o sábado 30 de xullo continúa activo arestora, segundo informa Medio Rural, aínda que a Xunta de Galicia xa desactivou a situación 2 polo que xa non existe perigro de que o lume chegue ás vivendas. Polo de agora, mantense o número de hectáreas calcinadas, 400. Neste momentos, amáis, diferentes efectivos realizan labores de vixilancia.
Pola súa banda, o incendio da Cañiza está controlado ao igual que o da parroquia de Padróns, en Ponteareas. Os lumes calcinaron 25 e 20 hectáreas, respectivamente.