sábado, noviembre 16, 2024
InicioComarcasLouriñaZumba e ioga para todos na Praza do Concello do Porriño

Zumba e ioga para todos na Praza do Concello do Porriño

A actividade, que se desenvolverá durante o mes de agosto, é gratuíta e non require inscrición

O deporte ocupará a Praza Arquitecto Antonio Palacios do Concello do Concello o mes de agosto. A fin de promover a actividade física e dar unha alternativa de ocio saudable á veciñanza, profesionais cualificados impartirán clases de zumba e ioga para quen queira desfrutar do fresquiño da última hora dos días de verán facendo deporte.
Esta actividade forma parte da oferta de ocio do Concello do Porriño e desenvólvese de forma gratuíta, aberta e sen necesidade de inscrición previa. As clases daranse durante todo mes de agosto, os martes e xoves de 21.00 a 22.00 horas as de zumba e os mércores á mesma hora as de ioga.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS