O obxectivo é crear patrullas cidadás que axuden a localizar posibles incendiarios.
O Concello de Covelo pon en marcha un grupo de voluntarios para a vixilancia e prevención no municipio en materia de incendios forestais. O obxectivo é crear brigadas que axuden a vixiar aos posibles incendiarios e alertar sobre conatos de lumes. Trátase dunha inciativa que xa se levou a cabo no ano 2016.
Escoita a entrevsita completa co alcalde Pablo Castillo aquí:
As persoas que estean interesadas en formar parte deste grupo de voluntrios poden anotarse no teléfono 986 65 00 27 ou a través do correo alcaldia.covelo.fegamp.gal