domingo, octubre 20, 2024
InicioNewsO PaísPrisión para o porriñés que retivo a unha viguesa 6 días

Prisión para o porriñés que retivo a unha viguesa 6 días

O Xulgado de Instrución número 3 do Porriño decretou prisión provisional, comunicada e sen fianza, para o veciño de 26 anos acusado de reter e abusar sexualmente dunha muller de Vigo durante seis días.

Ao acusado, detido pola Garda Civil e a Policía Local do Porriño durante a intervención para liberar á muller, impútanselle delitos de detención ilegal, lesións e agresión sexual.

Os feitos, segundo informou o Concello do Porriño, desencadeáronse ao seis e media da mañá do pasado luns, momento en que o 112 Galicia recibiu a chamada dunha muller que atopara unha nota manuscrita na que a vítima dicía estar retida nunha vivenda da dirección facilitaba.

Ao parecer, a muller puido sacar ao exterior da vivenda dúas notas manuscritas nas que pedía axuda e tamén achegaba datos do seu captador.

Ao lugar desprazáronse seis axentes da Policía Local e unha patrulla da Garda Civil. Alí comprobaron que a dirección e os datos facilitados pola vítima coincidían cos dun home sobre o que pesaban varias ordes de busca e captura emitidas por distintos xulgados da provincia así como unha orde de ingreso en prisión.

Os axentes desprazados accederon á vivenda tombando a porta cun ariete, dado que a muller advertira na nota de que se o seu captador decatábase da presenza policial podería matala.

Xa no interior, os policías atoparon a un home durmindo na cama e detivérono inmediatamente sen darlle tempo a reaccionar.

Pola súa banda, a muller estaba «aterrorizada» e en «en estado de nerviosismo».

Ademais, presentaba diversos hematomas por todo o corpo que llos produciu o seu captador cando tratou de manter relacións sexuais con ela.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS