domingo, octubre 20, 2024
InicioComarcasLouriñaO policía local do Porriño Javier rodríguez, campión do mundo de ciclismo

O policía local do Porriño Javier rodríguez, campión do mundo de ciclismo

O axente impúxose nos XIX Xogos Mundiais de Policías e Bombeiros en Róterdam.

Javier Rodríguez, axente da Policía Local do Porriño, proclamouse a pasada fin de semana campión do mundo en ciclismo nos XIX Xogos Mundiais de Policías e Bombeiros, que se disputaron na cidade holandesa de Róterdam.
O axente é un veterano deste evento, no que compite dende o ano 2003, tempo no que colleitou catro medallas de ouro, tres de prata e dúas de bronce. Este ano, suma un novo ouro tras impoñerse na súa disciplina.
Este evento bianual, aberto á participación tanto de persoal en activo como de xubilados das forzas de seguridade e bombeiros de todo o mundo, é o segundo con maior participación a nivel mundial, só por detrás dos Xogos Olímpicos.
Desta vez acudiron á cita algo máis de 10.000 atletas de máis de 80 países. Os xogos constan de 63 disciplinas que van dende o ciclismo ao atletismo, pasando polo baloncesto, tenis, natación e outras específicas destes corpos de intervención como a carreira vertical, tiro policial ou subida de escaleiras.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, felicitou ao axente por este novo éxito que “coñecendo a Javi seguro non será o último”

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS