domingo, octubre 20, 2024
InicioComarcasLouriñaMáis de 344.000 euros para melloras nos centros educativos do Porriño

Máis de 344.000 euros para melloras nos centros educativos do Porriño

 

A Xunta de Galicia está a realizar obras nos colexios Xosé Fernández López e Ribeira e no instituto Pino Manso

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Educación, Carolina González, informaron hoxe das melloras que a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia está a realizar en centros escolares do municipio aproveitando as vacacións estivais.
Trátase do CEIP Xosé Fernández López, do CPI da Ribeira e do IES Pino Manso e a inversión ascende a 344.240 euros.
No que respecta ao CEIP Xosé Fernández López as melloras consistirán na renovación da iluminación das instalacións cun orzamento de 86.228 euros. As antigas luminarias, algunhas fluorescentes e outras de tipo LED pero sen regulación, substituiranse por outras maior eficiencia, de tecnoloxía LED que permita unha maior calidade da iluminación e un importante aforro de enerxía ao contar cunha maior eficiencia enerxética.
No CPI da Ribeira, en Torneiros, estase a acometer a reforma da instalación de fontanería. As obras contan cun orzamento de 41.000 euros e pasan pola substitución das tubaxes de ferro que compoñen a actual instalación de a construción dun colector. Pretendese así poñer fin ao problema que presentaba a actual tubaxe de ferro galvanizado que, co paso do tempo e maila acción do cloro residente na auga, estaba oxidada.
Por outra banda, no IES Pino Manso instalarase un ascensor exterior que pretende resolver os problemas de acceso ao centro que presenta o edificio e eliminar as barreiras arquitectónicas coas que os usuarios se enfrontan. As obras ascenden a 217.022 euros que se suman aos 1.155.187 euros que investiu a administración autonómica na reforma integral que se está a executar no centro.
“As melloras nos centros educativos son esenciais e urxentes”, explicou o rexedor, Alejandro Lorenzo. “Os nenos e nenas do Porriño teñen dereito e estudar nas mellores condicións e por iso estas intervencións son prioritarias. Quedan moitas cousas por facer e traballamos para facelas á maior brevidade posible, en contacto sempre coa consellería para resolver as demandas da nosa comunidade educativa”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS