sábado, octubre 19, 2024
InicioComarcasLouriñaPorriño renova o alumeado público da Avenida Domingo Bueno

Porriño renova o alumeado público da Avenida Domingo Bueno

As antigas luminarias substituiranse por unhas de tecnoloxía LED que dotarán esta céntrica rúa dun mellor nivel de iluminación con alta eficiencia enerxética

O Concello do Porriño procederá á renovación do alumeado público da Avenida Domingo Bueno, dende A Pontenova ata o cruce con Antonio Palacios.
A actuación require unha inversión de 39.856 euros, dos cales preto de 30.000 euros financiaranse cunha subvención do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia, e os restantes con fondos propios.
“Serán 97 as lámpadas que se cambiarán ao longo dos 600 metros de vial”, explicou o concelleiro de Vías e Obras, Ramón Porto. “As actuais luminarias de vapor de mercurio substituiranse por unhas máis actuais con tecnoloxía LED”.
Pola súa banda, o alcalde Alejandro Lorenzo explicou que “esta actuación incrementará a eficiencia enerxética da instalación, reducindo así a emisión de gases de efectos invernadoiro, ademais de supoñer un importante aforro en mantemento e costes e reducir a contaminación lumínica”.
O rexedor insistiu en que ademais do menor impacto ambiental que terá este novo alumeado “mellorarase notablemente a calidade da iluminación, e polo tanto, a seguridade de vehículos e peóns”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS