O secretario xeral dos socialistas en Ponteareas, Delfín Domínguez, é o novo coordinador do partido nas comarcas do Condado e da Paradanta.
Os socialistas e as socialistas do Condado e da Paradanta teñen novo coordinador desde esta fin de semana. E é que o secretario xeral do PSOE en Ponteareas, Delfín Domínguez, ten a tarefa de coordinar ao partido nos nove concellos destas dúas comarcas.
Un dos obxectivos de Domínguez é mellorar a representación do PSOE e asentar o partido nos concellos. Neste senso, a cita máis próxima para comprobar o traballo dos socialistas son os comicios municipais do 28 de maio de 2023. Lembra o coordinador que «os estatutos do partido establecen que os candidatos á alcaldía que se presentarón dúas veces e non conseguen mellorar os resultados teñen que deixar paso a outros compañeiros» polo que «non haberá cambios nuns concellos, pero si noutros».
Escoita a entrevista completa aquí: