sábado, octubre 19, 2024
InicioComarcasLouriñaPorriño dá un paso máis na mellora dos parques infantís

Porriño dá un paso máis na mellora dos parques infantís

Comezan os traballos de renovación do pavimento do situado na urbanización Sol

O pavimento deste parque infantil atopábase nun estado de conservación moi deficiente, o que facía que os cativos que xogan nel caeran e dificultaba o seu uso.
Este pavimento de caucho foi instalado hai tempo polo que se produciron mermas nos tamaños das losetas e fendas entre elas, incumprindo co fin polo que foi instalado de protección ante as caídas dos pequenos. “Instalarase un pavimento de céspede artificial con base elástica de polietileno reticulado que cumpre coa norma relativa aos sistemas de protección anticaídas”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo.
O rexedor incidiu en que a renovación e reforma das áreas de xogo infantís, non só do centro urbano, senón tamén das parroquias é unha prioridade para o seu goberno. “Atópanse nun estado impracticable en moitos casos e son perfectamente consciente de que non están á altura dos nosos nenos e nenas. Por iso non pararemos ata arranxar os 38 parques infantís que temos no noso municipio”, insistiu o alcalde. “Preparamos unha licitación para o seu mantemento e buscamos financiación para renovar o mobiliario de moitos deles, pero traballamos cun orzamento prorrogado que non nos permite facer inversións neste área. Iso non nos vai parar. Tedes o meu compromiso”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS