sábado, octubre 19, 2024
InicioComarcasLouriñaMos reúnese cos propietarios para pechar a compra de terreos que permitirá...

Mos reúnese cos propietarios para pechar a compra de terreos que permitirá ampliar o parque da auga da Pesqueira

O espazo de lecer duplica a súa superficie e converterase nunha área lúdica de case 8.500 metros cadrados.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o secretario municipal, Carlos Piñeiro Sarmiento, reuníronse esta mañá cos propietarios e propietarias dos terreos que a administración local vai adquirir para ampliar o parque da auga da Pesqueira. A xuntanza tivo por obxecto ultimar os trámites administrativos e de recompilación de documentación para formalizar a compra e poder así comezar a obra.
A mediados do pasado mes de xuño aprobouse en Xunta de Goberno Local o expediente de contratación e pregos de compra de terreos para a ampliación do Parque da Auga da Pesqueira.
A actuación proposta polo Concello de Mos no devandito parque dará resposta á gran demanda de usuarios da xa existente primeira fase desta infraestrutura de lecer ao aire libre, ao carón do Paseo do Río Louro, na Pesqueira, parroquia de Mos.
Trátase pois dun interese público para o que xurde a necesidade de adquirir unhas parcelas colindantes co actual parque municipal da auga na Pesqueira. Xa que actualmente o espazo do parque existente quédase curto para absorber a elevada demanda de zonas de ocio público para as persoas. O parque actual está diferenciado en catro zonas que acollen parque da auga, parque infantil, zona de elementos biosaludables e zona de esparcemento.
Preténdese, coa adquisición das parcelas, ampliar as catro zonas dotándoas de máis elementos de xogo e esparcemento, e acadando unha superficie final total de 8.477 metros cadrados. Resulta idónea a ampliación do parque existente porque está no Paseo do Louro, o que supón unha vantaxe de excelente localización como área de lecer dunha zona moi transitada. Na zona non existen outras parcelas que reúnan as condicións con igual idoneidade para a finalidade pretendida, porque son todas colindantes co actual parque.
A superficie actual do parque municipal da auga da Pesqueira ascende a 3.710 metros cadrados, máis a superficie a adquirir para realizar a ampliación de 4.767 metros cadrados, suporá un parque da auga de superficie total final de 8.477 metros cadrados.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS