A fábrica de Ence en Pontevedra para temporalmente a súa actividade industrial e sine die debido ao baixo caudal do Lérez.
A Xunta de Galicia advertiu á compañía da situación do río, xa que ten a función de velar polo mantemento das masas de auga e o medio ambiente,
O Lérez, que abastece de auga a Pontevedra e os concellos da súa contorna, está actualmente por baixo do seu caudal ecolóxico. Ante esta situación, o Goberno galego solicitou a Ence que detivese a súa produción, unha solicitude que a empresa cumpriu de forma inmediata.
A fábrica atópase nestes momentos en pleno proceso de parada, algo que segundo a compañía está a executarse «en condicións de total seguridade».
Esta suspensión da actividade de Ence en Pontevedra prolongarase, en cumprimento da normativa vixente, ata que se normalice o caudal do río.