viernes, octubre 18, 2024
InicioComarcasLouriñaAmplíase a capacidade do concerto de Morat en Mos

Amplíase a capacidade do concerto de Morat en Mos

Logo de esgotárense as entradas dispoñibles en pouco máis de 24 horas, a organización decidiu redimensionar a montaxe para poder ampliar o aforo

A alta demanda de localidades para gozar da actuación de Morat o 18 de agosto no campo de fútbol das Baloutas, enmarcado nos Concertos do Xacobeo 21-22, supuxo que as entradas dispoñibles esgotáranse en pouco máis de 24 horas. Así, a organización decidiu redimensionar a montaxe para poder ampliar a capacidade. A nova cota de entradas xa está á venda en esmerarte.com e ataquilla.com.
Cun cartel de máis de 40 datas, a banda colombiana Morat anuncia a súa nova xira mundial: Morat World Tour. Nela o público poderá gozar dos éxitos de toda a vida como “A dónde vamos”, “Cómo te atreves”, “Besos en Guerra” o “No se va”, ademais do seu último lanzamento “París” xunto con Duki, que se converteu na mellor canción do histórico da banda con máis de 45 millóns de reproducións.
Para esta xira contan cun formato totalmente diferente creando un espectáculo aínda maior. Trátase dunha xira cunha dinámica completamente nova, enfocada a un show máis grande, máis internacional e cun deseño técnico que a fai aínda máis espectacular. O Morat World Tour fará unha das súas paradas en Mos o 18 de agosto ás 22:00h, no campo de fútbol “As Baloutas”, onde o público descubrirá en primicia as cancións do seu cuarto álbum, “¿A dónde vamos?”, a través dun directo inigualable. As entradas xa están á venda en ataquilla.com e esmerarte.com, por 10€ máis gastos de xestión.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS