viernes, enero 10, 2025
InicioComarcasLouriñaO Concello do Porriño lembra aos propietarios a obriga de manter limpas...

O Concello do Porriño lembra aos propietarios a obriga de manter limpas as fincas

En caso de incumprimento executarase a limpeza de maneira subsidiaria cargando os costes ao dono da finca xunto sancións económicas que van dende os 300 aos 6.000 euros

O Concello do Porriño fai un chamamento á responsabilidade dos propietarios de fincas e lémbralles a obrigatoriedade mantelas limpas de maleza e arborado prohibido que, en caso de incendio forestal, poden supoñer un perigo
A Lei de Prevención e Defensa de incendios forestais de Galicia establece que propietarios de todas as fincas teñen a obriga de mantelas en condicións de salubridade, seguridade e limpeza co fin de previr e evitar incendios, tendo que respectar unha distancia de seguridade de 50 metros libre de maleza, piñeiros, eucaliptos e todas aquelas especies que regula a normativa.
En caso de incumprimento o Concello do Porriño notificará e dará un prazo de 15 días para subsanar a situación e, de non facelo, executará forma subsidiaria con repercusión dos costes aos propietarios ou imposición de multas coercitivas reiteradas ata que se cumpra o ordenado, en contía de 300 a 6.000 euros, reiterables ata lograr a execución, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS