viernes, octubre 18, 2024
InicioNewsO PaísMáis de 85 construcións e 1.400 persoas desaloxadas polo lume

Máis de 85 construcións e 1.400 persoas desaloxadas polo lume

Por mor dos incendios, 16 principais en Galicia, ata 1.400 persoas tiveron que ser desaloxadas dos seus fogares, 85 edificacións foron queimadas e xa son 24.000 as hectáreas de terreo calcinadas polas lapas.

 

Seguen activos os incendios do Courel e da comarca de Valdeorras. Ambos, en nivel dous porque están cerca de casas. Algúns dos máis de 1000 desaloxados puideron volver hoxe á súa aldea para comprobar os danos do lume.

Máis de 9.000 hectáreas arderon no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras. Amaís 20 núcleos de poboación están desaloxados. Os concellos afectados van pedir que se declare zona catastrófica.

Os dous incendios que seguen activos nos municipios lucenses de Folgoso do Courel e A Pobra do Brollón arrasaron xa 8.600 hectáreas de terreo, segundo as últimas estimacións da Xunta, que mantén activo o nivel dous de alerta pola proximidade do lume aos núcleos de Parada dos Montes e Carballal (Folgoso), Busto (A Pobra do Brollón) e Gamiz (Samos).

O incendio que afecta as parroquias de Vilamor (Folgoso) e Saa (A Pobra do Brollón), onde se unificaron nunha única fronte catro focos, arrasou xa 7.500 hectáreas de superficie, 2.000 máis nunha soa xornada, malia os esforzos do dispositivo de extinción despregado na zona.

O Courel leva ardendo sete días, en que foron evacuados uns 70 núcleos de poboación.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS