viernes, octubre 18, 2024
InicioComarcasLouriñaUnha liña de autobús conectará Porriño con Praia América

Unha liña de autobús conectará Porriño con Praia América

O servizo entrará en funcionamento o vindeiro luns, 18 de xullo, cunha frecuencia diaria

Atendendo á solicitude do Concello do Porriño en resposta ás demandas da veciñanza O Porriño contará cunha liña de autobús que conectará o núcleo urbano con praia América, en Nigrán.

A nova liña entrará en funcionamento o vindeiro luns, 18 de xullo, con frecuencia diaria, incluíndo laborais e festivos.

O horario de saída será ás 12.00 horas dende a parada de autobuses da Avenida de de Galicia e a volta ás 20.00 horas dende a rotonda de Rans, en praia América. A viaxe será directa pola autopista.

O custe do servizo será de 1,55 euros por viaxe, rebaixado a 0,88 euros para quen conte coa tarxeta metropolitana.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS