viernes, octubre 18, 2024
InicioComarcasLouriñaAvance na senda peonil desde o Centro Cultural de Guizán ao Cruce...

Avance na senda peonil desde o Centro Cultural de Guizán ao Cruce do Moreno

Está a piques de iniciarse o procedemento de contratación da que é a segunda fase da humanización da Estrada Louriñó-Sobráns

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, e a edil da parroquia de Guizán, Julia Loureiro, informaron hoxe de que proximamente será levado a aprobación en Xunta de Goberno o inicio do expediente de contratación da obra de continuación da humanización de Guizán no tramo Sobráns-Louriñó.
As beirarrúas de Sobráns a Louriñó son a continuación do trazado de beirarrúas para mellora da mobilidade peonil na estrada Louriñó-Sobráns. A actuación desenvolverase ao longo de 2 quilómetros, partindo desde o Centro Cultural de Guizán cara ao cruzamento coa Estrada Puxeiros-Mos. O proxecto xera un espazo de tránsito seguro nunha estrada na que existe un elevado número de vivendas.

Trátase dun proxecto de execución dunha nova beirarrúa desde o Centro Cultural de Guizán ata o chamado Cruce do Moreno (parroquia de Torroso), que será financiada con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. O presente proxecto ten como obxectivo a execución das obras e actuacións necesarias para xerar novos itinerarios peonís, aplicando criterios de mellora da seguridade vial, mobilidade sostible e posta en valor do patrimonio cultural.

A actuación proxectada está motivada principalmente pola necesidade de creación dun itinerario peonil seguro nun percorrido con alta presenza de usuarios debido ó seu papel de conexión de equipamentos sociais, culturais e relixiosos. Neste sentido, a actuación se plantexa como un itinerario seguro e accesible con distintas zonas que distribúen e organizan o seu marcado carácter lonxitudinal.

O criterio principal de deseño é optar pola xeración de espazos de coexistencia, con preferencia peonil naqueles lugares onde as características espaciais da estrada o fagan posible.Buscando mediante a unificación dos pavimentos unha redución de velocidade por parte dos vehículos que garanta a seguridade dos viandantes.

A beirarrúa discorrerá pola marxe esquerda e dereita, adaptándose aos condicionantespresentes no seu trazado, polo que será necesario ampliar a plataforma actual nalgúnstramos, tomando como criterio a conservación de todos os elementos construídos existentes. A beirarrúa contará con vados de acceso ás parcelas.

O orzamento base de licitación con IVE desta obra ascende a 657.456,66 euros

Deste xeito desde o Concello de Mos séguense a dar pasos no Plan Mos Humanizado, que se iniciou na pasada lexislatura.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS