Serán este sábado, 16 de xullo, pola tarde.
A Policía Local do Porriño informou hoxe dos cortes e restricións de tráfico que se levarán a cabo este sábado, 16 de xullo, con motivo da VII edición do Tríatlon Concello do Porriño.
Dende as 16.30 ata as 19.30 horas cortarase o tráfico rodado na estrada de Ribadelouro cara Mosende, a estrada de Mosende cara Torneiros e a estrada de Atios-Cataboi ao cruce de Atios-A Guía.
No mesmo intervalo de tempo haberá cortes de tráfico rodado (con prohibición de estacionar xa dende as 14.30 horas) nas seguintes rúas:
• Dende Atios-A Guía (cruce de Riego), cara Domingo Bueno, prohibíndose o estacionamento na marxe dereita ata o cruce con Fernández Areal, sentido Tui-Porriño.
• Dende o cruce do 5ª Avd. ata a rotonda dos Aloques prohibirase o estacionamento en ambas marxes así como a circulación.
• Na Avda. de Galicia, sentido Tui-Vigo, así como a prohibición de estacionar na mesma marxe.
• Rúa Ramirás ata a rúa Peña, carril da esquerda, sentido Vigo-Tui, así como a prohibición de estacionar na mesma marxe.
• Rúa Cando, sentido Vigo-Tui, rúa Leandro Diz, así como a prohibición de estacionar na marxe esquerda.
• Rúa Manuel Rodríguez ata a rúa Ramón González (Pío XII), prohibíndose o estacionamento dende a Casona ata a Chinchina na marxe esquerda, sentido Tui-Vigo, e na rúa Manuel Rodríguez ata o Celtiña.
• Rúa Antonio Palacios dende o Concello ata a rotonda dos Aloques.
• Domingo Bueno (dende cruce Aloques ata cruce con Fernández Areal) dende as 8 ata finalizar a proba e retirar a zona de transición. Estará habilitado o paso para a Rúa Pío XII desde Tui, ata as 13.00 horas aproximadamente.