viernes, octubre 18, 2024
InicioComarcasLouriñaMutismo en Salceda tralo corte do carburante o Concello

Mutismo en Salceda tralo corte do carburante o Concello

Loli Castiñeira:»A alcaldesa pediunos que non fixeramos declaracións»

O Goberno de Salceda de Caselas mantén mutismo sobre o corte de carburante dos vehículos municipais por parte da gasolineira local. Varios días despois de que o PP de Salceda, que se atopa na oposición, denunciase que a gasolineira local deixara de botarlle gasoleo os coches, camións e maquinaria do Concello, nin a alcaldesa nin ningún membro do equipo de goberno fixo declaración algunha, para desmentir ou explicar a situación.
Sen embargo, no día de hoxe, o ser preguntada a tenente de alcaldesa, Loli Castiñeira, nunha entrevista que abordaba outros asuntos, sinalou que foi a propia alcaldesa a que lles pediu que non se deran explicacións, deixando entrever que é a rexidora persoalmente a que está co asunto.
Máis ala das declaracións do PP, Si Radio tampouco poido confirmar que o corte de carburante sexa real, aínda que o silencio por parte do goberno local manifesta abertamente que a denuncia do PP é correcta e que a día de hoxe os vehículos municipais xa non botarían na gasolinera da localidade a que o Concello debe unha cantidade económica que non se coñece.
As declaracións da tenente de alcalde son as seguintes:

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS