viernes, octubre 18, 2024
InicioComarcasLouriñaSan Martín de Tameiga celebra o Día do Socio con concerto estrela...

San Martín de Tameiga celebra o Día do Socio con concerto estrela de María do Ceo

A xuntanza celebrarase o 23 de xullo durante todo o día en Costoias

A Asociación Cultural San Martín de Tameiga oraniza o seu Día do Socio o sábado 23 de xullo en Costoias.Tratarase dun encontro moi especial no que o público poderá gozar desde exposicións ata demostracións deportivas e musicais, maxia, teatro, un bo xantar e actuación estrela da fadista portuguesa María do Ceo.

A partir das 10.30 horas da mañá haberá exposicións de pintura, coiro, das Palilleiras de Mos e demostracións de Zumba e pandereteiras. A mañá estará amenizada musicalmente a cargo da “Charanga Os Charamujas”. Ás 14:00h celebrarase o xantar veciñal e, tras el, o “Mago Marco” ás 17:00h, e ás 18:00h, Teatro: “QUE2”.

A parte máis solemne da xornada chegará ás 19:30h cunha merecida homenaxe aos presidentes anteriores da Asociación Cultural San Martín de Tameiga. Cara ao final da tarde, ás 21:30h, chegará o concerto de “María do Ceo – A Fadista”. Trátase da actuación estrela do día. Unha artista luso/galaica que dará un concerto de Fado e canción Galega no que achegará a todo o público asistente os vínculos coa Lusofonía.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS