viernes, octubre 18, 2024
InicioNewsO PaísA Xunta convoca o bono de alugueiro social que cubre a totalidade...

A Xunta convoca o bono de alugueiro social que cubre a totalidade do custo da vivenda a colectivos vulnerables

A administración autonómica incrementa as contías máximas das axudas previstas, que poderán chegar ata os 660 euros ao mes fronte aos 540 euros da convocatoria anterior.

O bono de alugueiro social poderá solicitarse a partir de mañá en Galicia despois de que hoxe mesmo saíra publicada no DOG a resolución pola que se establecen as bases reguladoras destas axudas e se procede á súa convocatoria.

Deste xeito, a Xunta seguirá asumindo o 100% do importe do arrendamento das persoas beneficiarias, colectivos vulnerables e persoas con escasos recursos económicos e que, polo tanto, poder ter dificultades para manter a súa vivenda habitual.

A principal novidade recollida na resolución é que, por primeira vez, se prevé a posibilidade de incrementar nun 20% a contía máxima da renda de alugueiro e polo tanto, do bono, cando a unidade de convivencia do solicitante estea composta por 5 ou máis persoas. Tamén se aplicará esta mesma porcentaxe se un dos membros da unidade familiar precisa dunha vivenda adaptada.

Na práctica, isto traducirase en que a contía máxima do Bono de alugueiro social se incrementará ata os 660 euros ao mes fronte aos 540 euros fixados como contía límite das axudas na convocatoria anterior.

O Bono de alugueiro social concederase por un período de 12 meses consecutivos, aínda que poderán pedirse ata 4 prórrogas. Deste xeito, os beneficiarios terán dereito a percibir esta axuda ao alugueiro durante un total de 5 anos, como máximo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS