viernes, octubre 18, 2024
InicioComarcasO CondadoSalvaterra adxudica as obras para construir unha pista polideportiva en Soutolobre

Salvaterra adxudica as obras para construir unha pista polideportiva en Soutolobre

A actuación conta cun orzamento de 27.000 euros.

Salvaterra de Miño vén de adxudicar as obras de construcción dunha pista polideportiva na Casa da Cultura de Soutolobre. A actuación conta cun orzamento superior aos 27.000 euros e as obras están financaidas a través do Plan Concellos da Deputación.

O obxectivo é, segundo apunta a adminsitración local, «ampliar a oferta e mellorar as isntalacións deportivas para os seus veciños e as veciñas» nun contexto no que «Soutolobre tivo un incremento moi importante nos últimos anos de poboación infantil». Así, o Concello empezará en breve coa construcción desta pista polideportiva que, ademáis, contempla un muro de contención do terreo polo qeu descorre a estrada que da aceso á Casa da Cultura. Ao rematar o muro, colocarase unha varandilla metálica para a seguridade dos viandantes.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS