viernes, octubre 18, 2024
InicioComarcasO CondadoChega a Ponteareas a festa máis "hortera"

Chega a Ponteareas a festa máis «hortera»

Veciños e veciñas da parroquia de Areas, de Ponteareas, poñen en marcha a primera edición da festa La Hortera, que aspira a convertirase nun Sarao 2.0

«Máis hortera que un leghón con peghatinas» e «Amigha, a vida non é tan seria» son os lemas da primera edición da festa La Hortera, que se celebra este 16 de xullo na parroquia de Areas, en Ponteareas. Trátase de un evento que, segundo un dos organizadores, Isaac Bargiela, «aspira a que se converta nun Sarao 2.0».

La Hortera está pensada para «gozar saltando cas cancións típicas do verán, os temazos máis míticos dos 90 e do 2000 e da música actual máis bailable», explica Bargiela. A premisa é que as persoas acudan disfrazadas cos seus atuendos máis horteras.

A festa ten varios puntos fortes como é a carreira de tacóns a partir das 23:30 horas e un Bingo Drag ás 00:30 horas.

Para coñecer máis sobre La Hortera, ecoita aquí a entrevista completa cun dos organizadores, Isaac Bargiela:

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS