viernes, noviembre 15, 2024
InicioComarcasLouriñaAceesca clausura as sesións con cans de terapia

Aceesca clausura as sesións con cans de terapia

Durante tres meses, Gofre, Trece e Fox visitaron unha vez á semana aos usuarios deste centro no Porriño para aprender e traballar con eles

O centro de día de Aceesca acolleu hoxe a última das sesións de educación asistida con cans de terapias impulsadas pola Concellería de Educación do Concello do Porriño.
Nesta actividade participaron preto de 400 escolares de infantil de todo o municipio e tamén do centro de día de Aceesca, co obxectivo de trasladar os beneficios que achegan os animais ás contornas escolares traballar de forma transversal a educación en valores e o coidado responsable de mascotas.
Gofre, Trece e Fox, os tres cans que participaron nesta experiencia de concienciación e mellora da convivencia, visitaron durante tres meses aos usuarios e usuarias de Aceesca. Unha vez á semana achegábanse ao centro a compartir cos diferentes grupos actividades deseñadas dependendo das súas necesidades específicas.
Este luns, con moita pena de que rematase pero tamén coa ledicia de ter compartido fermosos momentos, tocou despedirse. Solidariedade, compañeirismo, respecto, aceptación das diferenzas, integración e autoestima son algunhas das ensinanzas que Gofre, Fox e Trece deixaron nos coles do Porriño.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS