As farmacias galegas ofrecen, de xeito regulado, un sistema de dosificación de medicamentos no que o propio farmacéutico se encarga de preparar individualmente as pastillas e pílulas de cada toma para axudar aos pacientes a non esquecerse de tomar correctamente a súa medicación.
Nun pastilleiro distribuen as medicinas, tal e como as prescribe o médico, e revisan caducidades, duplicidades, incompatibilidades. É un sistema pensado para evitar esquecementos e dobres tomas.
Tamén é recomendable para viaxes e desprazamentos: en lugar de levar seis ou sete caixas, hai que levar só un envase. Está demostrado que este sistema mellora a adherencia e eficacia dos tratamentos e a saúde dos pacientes, que poden solicitalo na súa farmacia.