Haberá concertos no Monte do Gozo. A pesar do derrube do escenario principal que tivo lugar o pasado venres, pouco antes das 13.00 horas, e que deixou seis traballadores feridos, O Son do Camiño 2022 farase realiade.
Polo momento, un dos tres feridos graves permanece ingresado na Uci con prognóstico grave, mentres que outros dous hospitalizados están en planta «recuperándose» e o resto xa foron dados de alta.
Polo momento, a organización do festival non confirmou como substituirán o escenario principal do festival, pero o domingo informouse que o novo será algo máis pequeno. Nada grave tendo en conta que o que colapsou cóntase entre os maiores da Península, con 36 metros de ancho, 18 de alto e 21 de fondo.
Son 300 as persoas que traballan para conseguir que O Son do Camiño arranque este xoves, 16 de xuño.