Caiac, surf ou voleibol praia son algunhas das actividades na que participan o alumnado dos centros educativos do municipio.
Os nenos e nenas dos colexios do Porriño desfrutan estes días de xornadas multiaventura no marco da Semana Branca, que se celebra dun xeito diferente: con area, sol e mar.
Durante uns días, o alumnado participa nesta actividade organizada pola asociación Semana Branca en colaboración co Concello do Porriño. Celébrase na praia e os pequenos e pequenas realizan múltiples actividades deportivas como voleibol praia, caiac ou surf na escola de Patos.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Educación, Carolina González, compartiron hoxe con eles un momento de aventura, xogaron ao voleibol cos nenos e profesores e conversaron sobre todo o que farán durante a xornada. “Este tipo de actividades son moi enriquecedoras para eles e velos desfrutar xuntos/as é moi satisfactorio”, concluíu o alcalde, «despiden un curso e unha etapa, que mellor maneira de facelo que divertíndose cos seus compañeiros”.