domingo, septiembre 8, 2024
InicioComarcasLouriña480.000 euros para melloras tres colexios de Mos

480.000 euros para melloras tres colexios de Mos

Os traballos acometeranse nos CEIPs de Petelos, Sanguiñeda e Atín-Cela ao remate do curso escolar e están financiados pola Consellería de Educación na súa totalidade.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación mosense, Julia Loureiro, informaron de que a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia acometerá de inmediato, en canto finalice o presente curso escolar e rematen as clases, obras de mellora por preto de 500.000 euros nos Colexios de Educación Infantil e Primaria mosenses de Atín-Cela, Sanguiñeda e Petelos.
No caso do CEIP de Petelos a obra de optimización das instalacións consistirá na substitución de toda a carpintería de aluminio (portas e fiestras) do centro, cun orzamento de 202.318,03 euros (IVE incluído). A maiores, tamén se realizará unha obra de ampliación do pórtico de entrada na fachada principal, por un importe de 10.770 euros máis IVE.
Por outra banda, no CEIP de Atín acometerase a última fase da mellora integral do centro, co remate da renovación da carpintería de aluminio nas zonas que quedaban pendentes de substituír e substitución tamén dos falsos teitos e luminarias nos espazos nos que aínda non se fixera. Ademais procederase ao derrubamento do anexo-almacén do edificio e reparación de fachada, solicitado pola dirección e a ANPA do centro, á execución dunha rampla de acceso para arranxar o acceso polo devandito antigo anexo; e demolición e desamiantado de cubrición do patio interior, cuberto con perfil gran onda de fibrocemento, para a posterior execución da nova cubrición do patio. As obras no colexio de Atín teñen un orzamento de 246.098,96 euros (IVE incluído) e un prazo de execución de tres meses.
Por último, no CEIP Mestre Valverde Mayo de Sanguiñeda construirase un novo almacén con orzamento de 20.486 euros máis IVE.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS