Atópase hospitalizado no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo logo de sufrir un ataque de vespas. É a situación dun tomiñés de 78 anos que recibiu asistencia pola picadura de varios insectos. Foi mobilizado o helicóptero con base en Ourense para auxilialo pero finalmente non foi necesario trasladalo por aire.
Os servizos de emerxencia trasladaron ata o hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo un veciño de Tomiño de 78 anos afectado por picaduras de avespa.
O 112 recibiu unha chamada de emerxencia dun particular e os servizos de emerxencia localizaron á vítima na zona do monte Valiña.
O 061 mobilizou dúas ambulancias de soporte vital básico e o helicóptero medicalizado con base en Ourense, pero finalmente non foi necesario.
Os profesionais desprazados en ambulancia fixéronse cargo do home e, tras darlle unha primeira asistencia, trasladárono ata o hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, onde se atopa ingresado.