O presidente da Asociación de Vecinos de Torneiros, Julio Hermida, explica que comprometería «o estilo de vida».
Os veciños e as veciñas de Torneiros falaron esta fin de semana sobre o seu posicionamento diante do proxecto de Zona Franca de Vigo de instalar na parroquia un centro de transportes. A resposta foi unánime: pedir ao Consorcio que busque outra localización.
Segundo explica o presidente da Asociación de Vecinos, Julio Hermida, foi un non «unánime» porque «comprometería o xeito de vivir na parroquia» porque «afectaría ao centro neurálxico».
Podes escoitar a entrevista completa co presidente Julio Hermida aquí: