O alcalde, Enrique Cabaleiro, explica que o proxecto estará listo no mes de setembro.
O Concello de Tui é o único municipio da provincia de Pontevedra de menos de 20.000 habitatantes que recibe fondos Next Generation para redactar a súa Axenda Urbana. Trátase dun documento estratéxico que marcará o crecemento do municipio ao longo da próxima década, segundo explica a administración local.
A Axenda Urbana estará lista no mes de setembro, tal e como explica o alcalde, Enrique Cabaleiro, nos informativos locais e comarcais de Si Radio de Galicia. Os obxectivos do proxecto son revitalizar a cidade, protexer o territorio, favorecer a economía circular e ralizar un aproveitamento axeitado dos recursos, entre outras cousas. Tamén busca fomentar a cohesión social e impulsar a econonomía local.
Podes escoitar a entrevista completa co rexedor, Enrique Cabaleiro, aquí: