sábado, enero 11, 2025
InicioComarcasLouriñaMos sóbese de novo ao bus do teatro

Mos sóbese de novo ao bus do teatro

Súmase por segunda vez á iniciativa do Centro Dramático Galego que subvenciona o transporte á Estrada para ver a obra “Ás oito da tarde, cando morren as nais”

Desde a Concellería de Participación Cidadá do Concello de Mos proponse unha nova actividade
que se leva a cabo por segunda vez en Mos e pretende achegar o teatro á veciñanza e para elo as persoas interesadas poderán contar con transporte gratuíto para asistir a unha obra profesional na Estrada.
A obra da que poderán gozar os participantes na iniciativa é “Ás oito da tarde, cando morren as nais”, de Avelina Pérez con dirección e dramaturxia de Marta Pazos. Trátase dunha produción do Centro Dramático Galego que se representa no Teatro Principal de A Estrada.
A iniciativa leva por título ‘Sobes ao autobús do teatro?’ e atópase incluída no Programa de Mobilidade do Centro Dramático Galego.
A data en que se realizará a actividade será o 4 de xuño con saída ás 18.30 horas desde o multiusos das Pozas. O regreso será ás 22.30 horas.
O prezo da entrada é de 3euros e o prazo de inscrición permanecerá aberto ata completar o total de 50 prazas dispoñibles. Trátase dunha actividade para maiores de 18 anos.
Para máis información e inscricións, na Sede Electrónica ou na oficina de Participación Cidadá (OMIX) do Concello de Mos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS