Os conductores da Asociación Galega de Maquinaria Agrícola Clásica chegaron o domingo 8 a Corzáns, a parroquia de Salvaterra onde se celebrará a Sementeira.
Os municipios de Silleda e de Salvaterra de Miño están unidos por un percorrido en tractor de catro horas e media. Así o comprobaron 14 conductores deste tipo de vehículos agrícolas que partiron o domingo 8 de maio ás 10:30 horas e chegaron a Corzáns, a parroquia onde se celebrará a XIV edición da Festa da Sementeira, ás 21:00 horas.
Con todo, «realmente o percorrido non chegou ás cinco horas», explica un dos tractoristas, Manuel Iglesias, quen apunta que aproveitaron a ruta para coñercer novos muncipios e «desfrutar da paisaxe» . Un total de 90 quilómetros, segundo apunta Iglesias, polos municipios das comarcas co fin de realizar unha concentración o sábado 14 de maio na praza do Concelo de Salvaterra de Miño.
Escoita a entrevista completa aquí:
Video da ruta en tractor dende o municipio de Silleda ata a parroquia de Corzáns