Un vehículo aparcado 4 días na zona de San Vicente do Mar pertencente a un mergullador habitual fixo saltar as alarmas e os malos presaxios cumpríronse. Un home de 44 anos, veciño de Vilagarcía de Arousa, foi localizado esta mañá sumerxido e «enganchado» a algo nesa zona.
Foron efectivos do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas da Garda Civil quen localizaron somerxido sobre as 11.30 horas o corpo do mergullador desaparecido desde o luns na zona do Grove e veciño de Vilagarcía de Arousa.
Mergulladores dos GEAS sumerxíronse na zona e atoparon o corpo do home desaparecido, duns 44 anos de idade. Estaba baixo a auga «enganchado» a algo, «preto» de onde desaparecera.
O corpo foi levado a terra para ser examinado pola autoridade xudicial e unha vez ordeado o levantamento do cadáver foi trasladado.
A súa procura comezara este xoves pola tarde cun operativo coordinado pola Garda Civil.