Seis bandas de gaitas tocarán en catro localizacións diferentes do municipio ao longo de toda a mañá do vindeiro domingo, 8 de maio.
Desde o Círculo Cultural Abrente e a Concellería de Cultura e Turismo de Mos, que dirixe a edil Sara Cebreiro, anímase á toda a veciñanza, tanto de Mos como doutros municipios, a gozar da iniciativa organizada polo Abrente en colaboración co Concello e a Asociación de Gaiteiras Galegas, que leva por título: Tradición en Camiño.
Celebrarase o vindeiro domingo 8 de maio e, durante toda a mañá, seis bandas de gaitas que suman un total de 170 músicos (entre gaitas e percusión) tocarán en catro localizacións diferentes de Mos, todas elas ao pé do Camiño de Santiago Portugués ao seu paso pola localidade mosense.
As localizacións e horarios previstos son os seguintes:
- ás 10.00 horas Capela das Angustias en Sanguiñeda
- ás 11.15 horas Albergue de Peregrinos da Veigadaña
- ás 12.30 horas Pazo de Mos
- ás 13.45 horas Capela de Santiaguiño en Guizán
Os grupos musicais que amenizarán esta xornada de música tradicional ao pé do Camiño de Santiago ao seu paso por Mos son: Banda de Gaitas de Herville, Grupo de Gaitas Nosa Terra, Xiada Gaiteiros Refrescantes, Banda de Gaitas Airiños do Castelo, Grupo de Gaitas Son do Abrente e Gaiteiros da Ruada.