sábado, noviembre 23, 2024
InicioComarcasLouriñaTaburete actuará no Porriño o 14 de xullo

Taburete actuará no Porriño o 14 de xullo

A banda ofrecerá un concerto na vila enmarcada dentro da programación do Xacobeo 21-22.

5 Sentidos, Sirenas, Mariposas e Una foto en blanco y negro serán algúns dos temas que soarán no Porriño este verán. Taburete desembarcará na vila o vindeiro 14 de xullo no marco da programación cultural do Xacobeo 21-22.

Un concerto que a banda suma ao seu mapa nacional de directos deste ano, que está a esgotar entradas en cada unha das súas convocatorias, e que O Porriño suma a unha programación estival que non dará tempo a aburrirse e na que o Camiño de Santiago ocupará unha especial relevancia.

“Este verán vivirase no Porriño”, asegurou o alcalde, Alejandro Lorenzo. “Tempos moito que aportar e un pobo de luxo para desfrutalo, por iso dende a Concellería de Cultura estamos pechando xa unha proposta de actividades para todos os gustos e públicos».

Coñece toda a programación de “Concertos do Xacobeo” na seguinte ligazón:

https://www.siradio.gal/o-noso-pais/mais-de-65-concertos-e-300-artistas-para-celebrar-o-ano-santo-extraordinario

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS