domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasO CondadoArde unha nave con material eléctrico en Mondariz

Arde unha nave con material eléctrico en Mondariz

A Xunta activa o Plan de Emerxencias Territorial de Galicia para coordinar a extinción do lume.

Arde unha nave dedicada á almacenaxe de material eléctrico e garaxe de vehículos, situada en Lougares, no concello de Mondariz. O persoal da empresa foi quen deu aviso ao 112 sobre as 06:50 horas deste luns.

Neste contexto, Emerxencias puxo en marcha un dispositivo de actuación no que participan os membros do GES-SPEIS de Ponteareas, os do Porriño e Morrazo así como os GES de Mos, a Garda Civil e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civel da Mancomunidade de Oitavén-Tea. Tamén acudiron ao lugar dos feitos os profesionais sanitarios e é que un operario resultou afectado polo fume que provocaron as lapas e tivo que ser trasladao polos equipos sanitarios. Non hai que lamentar danos persoais.

Diante do lume, a Xunta de Galicia vén de activar o Plan de Emerxencias Territorial de Galicia (PLATERGA) co fin de facilitar a coordinación dos recursos mobilizados co fin de atallar as lapas que afectan a esta nave con material eléctrico.

Igualmente, os xestores do 112 informaron dos feitos aos Bombeiros de Ribadumia e de Vigo por se tivesen que acudir a prestar apoio aos compañeiros que interveñen no punto, así como o persoal de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. Cabe destacar, a mobilización do Grupo de Apoio Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias ( GALI), por se fose precisa a súa intervención, debido á magnitude das lapas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS