domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasLouriñaDesarticulado un punto de venda de drogas no Porriño

Desarticulado un punto de venda de drogas no Porriño

Garda Civil e Policía Local incautaron 859 gramos de hachis, case medio kilo de cocaína, diñeiro en efectivo e 42 billetes falsos de 20 euros.

Un operativo conxunto da Policía Local do Porriño e a Garda Civil culminou este xoves coa desarticulación dun importante punto de venda e distribución de estupefacientes nunha vivenda do centro urbano do Porriño.
As investigacións iniciáronse o pasado mes de febreiro cando se interceptou a un veciño do municipio con 30 gramos de cocaína e 400 euros en efectivo, dando inicio á denominada “Operación Cela Sebe”.
A vivenda desta persoa era frecuentada consumidores habituais de estupefacientes, moitos deles mozos. No transcurso do operativo, no que tamén participou a patrulla da Compañía de Vigo, leváronse a cabo máis dunha decena de controis, e constatáronse outras tantas transaccións de cocaína e hachís na contorna desta vivenda.
No rexistro levado a cabo onte, participaron axentes da Policía Local e da Garda Civil, así como o Servizo Cinolóxico da Garda Civil, incautando 304 gramos de cocaína en pedra, 189 gramos de polen de hachís, 67 bellotas de hachís de 10g cada unha, 250 gramos dunha sustancia de corte, 278 gramos de cocaína en polvo, 1.270 euros en efectivo e 42 billetes falsos de 20 euros.
O habitante da vivenda foi detido como presunto autor dun delito contra a saúde pública por tráfico de drogas e foi posto a disposición do Xulgado de Instrución 2 do Porriño. A parella do mesmo, que convivía con el, é investigada polo mesmo delito.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS