O acordo establece facilidades para que os titulares de montes cumpran coa súa obriga de manter limpas as fincas.
O Concello do Porriño adhírese ao convenio de Xestión da Biomasa suscrito pola Xunta, Fegamp e Seaga para a prevención e defensa contra incendios forestais.
A propagación de incendios forestais afecta á riqueza ambiental e paisaxística e tamén ás actividades agroforestais que se desenvolven no monte. Do mesmo xeito, ameazan a seguridade das persoas e dos bens.
“Para loitar contra os incendios forestais é necesario facilitar aos particulares o cumprimento das súas obrigas de manter limpos os montes”, explica a concelleira de Medio Ambiente, Antía Carrera. “Especialmente nas áreas máis sensibles, aquelas que abarcan o perímetro os terreos forestais e os núcleos de poboación habitados”.
O referido convenio establece facilidades para os titulares de montes que se comprometan co sistema, como o abono dunha tarifa bonificada de 350 euros por hectárea cada ano para a xestión da biomasa nos seus terreos.
A edil explicou que, unha vez formalizado o acordo, o Concello do Porriño informará nas diferentes parroquias as zonas afectadas e como proceder