Feijóo confirma que dimitirá como presidente da Xunta esta semana. Anunciouno esta mañá na sesión de control do Parlamento de Galicia. Non concretou o día pero será esta última semana de abril cando se activará o proceso parlamentario para o seu relevo por parte de Alfonso Rueda.
Alberto Núñez Feijoo:
Nunha réplica a voceira do BNG, Ana Pontón, Feijóo anunciou que dimitirá como presidente galego esta mesma semana.
«Esta non será a miña última sesión de control, será a derradeira, a definitiva», trasladou no Parlamento, na súa quenda de réplica a Ana Pontón, quen lle desexou sorte «no persoal», que non no político.
Ao concluír a sesión de control no Parlamento autonómico, Núñez Feijóo pediu uns instantes para despedirse, en que agradeceu o trato de todos os deputados e mostrou o seu «compromiso» cos galegos e pediulles a todos os parlamentarios, especialmente aos que teñen responsabilidades de goberno, que o seu único interese sexa defender interéselo de Galicia.
«Nestas bancadas fun moi feliz para defender os intereses dos galegos», sinalou Núñez Feijóo, que pediu «sinceras» desculpas polos erros que puidese cometer, «máis dos que me gustaría», dixo; e tamén polas «expresións» que non gustasen ou parecesen excesivas aos membros da oposición.
Deste xeito arrancarán os prazos para ser sustituido por Rueda, quen completará o cambio na Xunta designando os membros do seu gabinete.