martes, noviembre 26, 2024
InicioNewsO PaísNova operación contra o narcotráfico na provincia de Pontevedra

Nova operación contra o narcotráfico na provincia de Pontevedra

A Policía Nacional e a Garda Civil levan a cabo un novo operativo contra o narcotráfico en Pontevedra, que se mantén aberto. A investigación comezou no Salnés pero xa se estende a outros puntos da provincia.  No caso traballa tamén a Policía xudicial portuguesa. 

Aínd que o caso se centrou inicialmente na comarca do Salnés, estendeuse xa a toda a provincia de Pontevedra, segundo fontes consultadas.

Fontes próximas á investigación detallan que neste operativo colaboran a Unidade de Droga e Crime Organizado (Udyco) do Corpo Nacional de Policía e Equipo de Delincuencia Organizada e Antidroga (EDOA) da Garda Civil. Colabora con ambos os corpos de seguridade a Policía Judiciaria portuguesa neste operativo ao haber tamén posibles ramificacións no país luso.

Até o momento practicáronse varias detencións e rexistros en varios municipios no marco desta nova operación contra o narcotráfico que permanece aberta na provincia de Pontevedra.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS