martes, noviembre 26, 2024
InicioComarcasLouriñaMulta de ata 3.000 euros por colocar carteis no Porriño sen permiso

Multa de ata 3.000 euros por colocar carteis no Porriño sen permiso

A pegada de papeis publicitarios está regulada por unha ordenanza municipal

O Concello do Porriño lembra que colocar carteis publicitarios na rúa fóra das zonas habilitadas e sen permiso está prohibido.
A Ordenanza municipal reguladora de convivencia cidadá, limpeza de vías públicas e recollida de residuos, aprobada no ano 2010, prohibe a colocación e pegada de carteis e adhesivos en inmobles, muros, pontes, paredes ou beirarrúas sen autorización expresa do Concello.
No caso de que un inmoble particular sexa obxecto de pintadas ou pegado de carteis, o propietario do mesmo o comunicará ao Servizo Municipal de Limpeza, que procederá á súa limpeza con cargo ao responsable da publicidade.
Asemade, a norma estipula que a colocación de cada cartel, pintada ou pancarta que constitúa infracción será sancionada considerándose responsables aos beneficiarios da propaganda ou publicidade. As sancións por incumprir esta norma van dende os 751 euros ata os 1.500 euros, podendo chegar aos 3.000 euros en caso de reincidir.
“O espazo público é un lugar de convivencia que desfrutamos todos”, concluíu o alcalde, Alejandro Lorenzo e “para iso debemos manter a nosa vila limpa e respectar as normas”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS