martes, noviembre 26, 2024
InicioNewsComarcasUnha persoa ferida na AP-9 tras unha colisión de cinco vehículos

Unha persoa ferida na AP-9 tras unha colisión de cinco vehículos

O suceso tivo lugar en Vigo, no punto kilométrico 153 da AP-9, en sentido Portugal.

Unha persoa resultou ferida nunha colisión múltiple con cinco vehículos implicados na AP-9, en Vigo, en sentido cara a Portugal, segundo informa o 112 Galicia.

Foron cinco vehículos os que estiveron implicados na colisión e foi sobre as 09:30 horas cando Emerxencias de Galicia recibía os primeiros avisos. Particulares alertaban de unha colisión en cadea en sentido Portugal dende a AP-9.

Ata o lugar acudiron Bombeiros de Vigo, Guardia Civil e Policía local.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS