Sabiamos que a aperta ao Apóstolo na Catedral de Santiago aínda ía ter que esperar pero é posible que se adiante o regreso desta tradición. Non hai nada determinante aínda, depende das autoridades sanitarias.
O responsable da Fundación Catedral explica que teñen todo listo para abrir o camarín pero esperan o veredicto das autoridades sanitarias.
Os peregrinos teñen ganas de volver entrar no camarín, pero e moi estreito, e tocar a bicar a imaxe do santo aínda é difícil de imaxinar.
De todos os xeitos , hai que ter en conta que a imaxe non se pode limpar con produtos hidroalcolicos ou desinfectantes.
Polas medidas hixiénico-sanitarias da COVID-19 esta tradición foi suspendida temporalmente.
Con todo lembremos que non é necesario abrazar ao Apóstolo para gañar o Xubileo.