miércoles, noviembre 27, 2024
InicioComarcasO CondadoO bailarín de Olympus que caiu durante a actuación na Festa da...

O bailarín de Olympus que caiu durante a actuación na Festa da Lamprea evoluciona de forma «favorable»

O mozo de 28 anos sufriu unha parada cardiorespiratoria.

A orquestra Olympus informa que o bailarín acróbata, un mozo de 28 anos que sufriu unha parada cardiorespiratoria durante unha das actuacións na Festa da Lamprea en Arbo, evoluciona de forma favorable, segundo fixo público a dirección.

Todo ocorreu na madrugada do sábado para o domingo cando o bailarín caiu dunha altura de 7 metros e se golpeou con forza contra o escenario da orquestra. Unha veciña de Arbo, enfermeira de profesión, reanimouno e fixo chamar a unha ambulancia.

Horas máis tarde, a dirección de Olympus informaba que «afortunadamente» todo quedou nun susto.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS