Promover o envellecemento activo e previr o deterioro cognitivo son os principais obxectivos destes obradoiros organizados polo Concello do Porriño en colaboración con Afaga
Como cada luns, o centro sociocomunitario do Porriño acolle os obradoiros “Cultiva a mente”, organizados polo Concello do Porriño en colaboración coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias de Galicia (Afaga). Nos mesmos, participan 16 persoas maiores de 55 anos que hoxe recibiron a visita do alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo; a concelleira de Terceira Idade, Rosario Costas e o presidente de AFAGA, Juan Carlos Rodríguez.
“Desexo que esta actividade vos resulte útil e que vos achegue as ferramentas necesarias para desfrutar desta etapa da vida que, de seguro, garda momentos incribles para vós”, apuntou o rexedor.
Trátase dunhas xornadas impartidas por un psicólogo con formación específica no desenvolvemento e execución do deterioro cognitivo nas que se abordan cuestións como o envellecemento activo, a promoción das relación sociais e a prevención da soidade ou a dependencia, entre outras cuestións.