Precisou varios días para comprobar cal era o montante total do motín.
O famoso curandeiro de Arantei, Manolo de Porto, vén de interpoñer unha denuncia polo roubo que tivo lugar na súa casa de Salvaterra de Miño mentres gozaba duns días de descanso. Precisou o curandeiro varios días para comprobar cal era o montante total do motín que lle sustrairon.
Os ladróns roubaron xoias con valor sentimental e cartos, que correspondían aos ingresos das dúas ultimas semanas. Tamén puxeron a súa casa, onde ten tamén a consulta, patas para arriba na búsqueda de obxectos valiosos.